Skip to main content
Vilalba

O Iescha proxecta o sábado ‘Matria’, coa presenza da actriz protagonista

Por 22 Maio, 2023Sin comentarios

O sábado 27 de maio de 2023, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza unha nova proxección de cine
galego coa longametraxe Matria, do director Álvaro Gago. Estará presente na proxección a actriz protagonista da película, María Vázquez.

Nesta ocasión, para poder presenciar a película haberá que facer a reserva online nesta páxina e, ademais, de xeito excepcional, aboar a cantidade de 3,50 euros (cantidade que vai destinada á distribuidora do film).

Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.

Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredecible. Un día crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir. Sempre sacrificándoo todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara adentro e a pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir.