Skip to main content
Vilalba

Vilalba: Os populares queren recuperar o seu feudo ante un PSOE que repite

Por 25 Maio, 2023Maio 26th, 2023Sin comentarios

Vén de rematar en Vilalba o primeiro goberno socialista da democracia conseguido grazas ao pacto con Vilalba Aberta, pacto que se rompeu avanzada a lexislatura, nos tempos máis duros da pandemia. O PSOE que renovar a dirección do goberno local e presenta unha candidatura con cambios pero liderada por Elba Veleiro. Na outra cara da moeda está o Partido Popular, que se presenta encabezado por Sandra Vázquez, que substituíu a Agustín Baamonde durante estes catro anos, primeiro como presidenta da xestora e logo como cabeza de lista e alcaldable. Nunha Corporación sen BNG, a terceira pata está representada por Vilalba Aberta, o partido asembleario que medrou nos anteriores comicios e que presenta un programa para gobernar en solitario. Fixo lista de novo o BNG, pero nesta ocasión con outro líder, Constantino Alvite.

PSOE

Elba Veleiro volverá lidera o PSOE municipal tras estes catro anos como alcaldesa, a primeira socialista da democracia de Vilalba. Foi unha das primeiras en oficializar a súa candidatura. “Foron case catro anos de traballo duro, de ir poñendo ao día a un concello totalmente abandonado e de devolverlle a dignidade institucional que merecen os nosos veciños e veciñas”, afirmou Veleiro, remarcando que “tivemos que facer fronte a unha pandemia mundial que mudou dun día para outro as prioridades, esixindo do noso equipo moito esforzo e modificando por completo o plantexamento inicial”.

A rexedora e candidata á reelección reafirmouse “no compromiso que teño con Vilalba, que terei e tiven sempre en todo o meu periplo político, e que agora precisa de novo do apoio das nosas xentes para que continúe a decencia política, a transparencia, a dotación de novos servizos, a dinamización social, a boa convivencia e, en definitiva, o progreso de Vilalba, o paso dunha Vilalba en branco en negro a unha Vilalba chea de matices na que cadaquén atope o seu lugar e reciba dos poderes públicos un trato digno e igualitario”.

Agora, asume este novo reto “coa ilusión intacta, coa seguridade de que faremos o mellor equipo para seguir gobernando con vocación de servizo á cidadanía e que eu me deixarei a pel por facer deste concello un lugar amable, co máximo benestar e servizos para todos, e poñendo sempre a Vilalba por diante”.

A actual tenente de alcaldesa, Marta Rouco, ocupa o segundo lugar, liderando a lista do PSOE local dúas mulleres, e no terceiro posto, Eduardo Vidal, concelleiro no goberno e ex deputado provincial. A candidatura mantén a meirande parte dos nomes dos edís socialistas neste mandato.

A actual rexedora destacou “a presenza nesta candidatura de persoas vencelladas ao rural, pois seguimos coa teima de tratar de ampliar servizos nas parroquias e mellorar as condicións de vida, un gran reto que todos debemos asumir”. Veleiro puxo de relevo que “despois destes catro anos no goberno, presentámonos ás eleccións coa convicción de que temos o mellor equipo para culminar todos os compromisos que adquirimos logo de sentar as bases nun concello que sufriu durante anos o abandono dos anteriores gobernantes”, remarcando que “é imprescindible a vontade e a confianza da xente para gañar estabilidade e poder continuar desde un goberno estable e forte”.

De cara ao futuro define que “Vilalba precisa seguir progresando. O noso papel é o de identificar con claridade as necesidades e priorizar actuacións; manter nas mellores condicións posibles aqueles servizos necesarios para a convivencia e o benestar das persoas. Cambiar a visión global do pobo actuando sempre en aras de lograr que Vilalba sexa un concello activo, dinámico, accesible, sostible, moderno e atractivo para vivir e tamén para visitar, que explote o seu grande potencial de cara ó turismo, que mire ó futuro con ilusión renovada, coa confianza de que o mellor está por vir.

PARTIDO POPULAR

O segundo partido máis votado nos anteriores comicios foi o PP. Tras perder a Alcaldía, o partido deu un xiro e iniciou un proceso de renovación que finalizou co nomeamento de Sandra Vázquez como líder do partido. Esta presentou a lista coa que concorrerá ás eleccións e avanzou unha parte dos seus obxectivos.

A candidata á alcaldía dixo aspirar a “construír un futuro para Vilalba” mediante “un camiño cheo de oportunidades, de proxectos e de iniciativas como as que caracterizaron os anteriores gobernos do PP”.
“Temos claro que Vilalba non se entende sen os vilalbeses e un Goberno municipal non se pode concibir tampouco sen ter en conta aos seus veciños”, asegurando que o seu proxecto basease “na escoita e na toma en consideración” das opinións da veciñanza na medida en que “son eles os afectados ante calquera decisión que se tome ou medida que se poña en marcha”.

Reivindicou neste sentido que a súa candidatura é “a alternativa para ofrecer aos vilalbeses un goberno estable, con capacidade de xestión e, sobre todo, con vontade política para escoitar a veciños, asociacións e entidades co obxectivo de construír unha Vilalba da que nos sintamos orgullosos e na que poidamos traballar e desenvolver as nosas vidas nas mellores condicións”.

Destacando que as súas propostas “nacen da escoita” e baséanse na “xestión próxima e eficiente da Administración local”, Sandra Vázquez marcouse como piares fundamentais a promoción dunha maior actividade económica, a prestación de servizos de calidade atendendo ás necesidades dos veciños e a atención ao rural”.

VILALBA ABERTA

Modesto Renda volve encabeza a lista deste partido asembleario e presentou a liña programática coa que se presenta aos comicios nun documento “traballado, contrastado e realista” e no que destacan as políticas efectivas de conciliación en beneficio das familias traballadoras; a aposta pola ampliación do chan industrial e a captación de empresas e postos de traballo; a definición dun novo marco de financiación para as parroquias ou a posta en marcha dun Centro de Procesamento dos produtos do agro, no que os produtores locais poidan procesar as súas colleitas sen necesidade de inversión.

A posibilidade dun cambio de sentido na “dirección imposta” na rúa da Pravia; a aposta estratéxica pola posta en valor zona vella; o incremento das prazas de aparcamento ou a creación dun Parque de Vivenda de Aluguer Social, pola vía da reactivación do expediente de desafectación das antigas vivendas de profesores de Quart de Poblet e o inicio dos trámites para acadar a titularidade municipal das casas de Legoeiros, complementan un Programa Electoral co que a formación municipalista agarda “rachar co bipartidismo inoperante” e situar a Vilalba “no lugar que lle corresponde como capitalidade comarcal”.

Tal e como explicou Renda, a ampliación do polígono (arredor de 300.000m2) complementarase coa posta a disposición de autónomos e empresas das 6 parcelas recibidas para uso industrial dentro do Plan de Sectorización de Entrepinares e a creación dun Viveiro de Empresas co fin de “axudar á mocidade que queira montar un negocio e non teña capacidade de alugar un local.”

Así mesmo, o programa recolle a creación dunha liña de bonificacións fiscais destinada a axudar á pequena e mediana empresa e a redacción dunha nova ordenanza de tramitación co fin de reducir e simplificar os trámites para a obtención de licenzas de actividade, funcionamento, obras, etc..

Para axudar á xente moza á emanciparse, VA promoverá a mobilización de vivenda baleira en mans dos bancos pola vía da adhesión Pacto de Vivenda de Galicia e a colaboración coas propias entidades financeiras, seguindo o exemplo de Ames.

BNG

Tamén se estrea á fronte do BNG local Constantino Alvite. que busca recuperar a súa presenza na Corporación, que abandonou no 2019 tras catro anos en inferioridade con un único concelleiro.

Neste senso, o candidato nacionalista á alcaldía destacou “temos un proxecto centrado e de futuro para a capital da Terra Chá, somos unha potencia enorme que precisa dinamizar o seu rural para converter a Vilalba na referencia da boa xestión e do desenvolvemento sostíbel, e contamos coas ferramentas e a capacidade de facelo posíbel” e remarcou “a candidatura do BNG é a alternativa necesaria para Vilalba, é o momento de poñer ás persoas no centro, de mellorar a vida da veciñanza, con coherencia, compromiso, entusiasmo e traballo”.

Subliñou “desde o BNG pensamos que a política hai que facela coa man tendida e con diálogo, cousa que até agora non se produciu en Vilalba, por isto, os eixos do Bloque fíxanse en construír un concello para as persoas desde a boa xestión, a mellora dos servizos á veciñanza e o apoio aos produtores e comerciantes locais; todo isto contribuirá ao desenvolvemento do noso potencial”.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. María Elba Veleiro Fernández
2. Marta María Rouco Seoane
3. Eduardo Vidal Baamonde
4. Paula Vigo Lamas
5. Luis Fernández Álvarez
6. Ignacio Criado Montenegro
7. Antía Rama Rivas
8. Daniel Vilasuso Comba
9. Vanesa Rut Siso Calvo
10. Miguel González Montes
11. Antonia Gudiño Sopa
12. Francisco Lozano Rouco
13. María Milagros Ares Basanta
14. Duarte Barrio Rego
15. Isabel Veiga Rañal
16. María Soledad dos Santos Gómez
17. Francisco José Monasterio Solveira
Suplentes
1. Clara López Montes
2. Ángel Souto Rego
3. Antía Maseda Otero
4. Félix Aníbal Luaces Pena

VILALBA ABERTA

1. Modesto Renda Santiso
2. María Xosé Fernández Pardo
3. Tamara Rodríguez López
4. Mónica González Fernández
5. Carlos Xosé Currás Pico
6. Ana Paredes Rodríguez
7. José Luis Barrio Díaz
8. Nadia Río Fraga
9. Inés Poupariña Naseiro
10. Francisco Roca Fernández
11. María Jesús Ferreiro Ferreiro
12. María Pérez Iravedra
13. Iria Currás Gato
14. Xosé Lois Paz Miragaya
15. David Fanego Arenas
16. Yolanda Castro Fraga
17. Zeus Seijo Formoso
Suplentes
1. Susana Pérez Fernández
2. María José Lamas Fernández
3. Jorge Valverde Rico

PP

1. Sandra Vázquez Domínguez
2. Álvaro Fraga Castro
3. Paula Gesto Díaz
4. Daniel Orosa Pico
5. Sandra López Rodíguez
6. José María García-Leira Boado
7. Patricia Teijeiro Álvarez
8. José Franco Criado
9. Amador Ángel Guerra Ramil
10. Aida de Vicente Debasa
11. Celine Fernández Janeiro
12. Miguel Debasa Pena
13. Félix Manuel Crego Fernández
14. Begoña Novo Eimil
15. Javier Castro Prado
16. Laura Millor Yáñez
17. José Antonio Pita Paz
Suplentes
1. Miguel Ángel Fraga Prieto
2. Vanesa Rodríguez Carreiras
3. Eva Fuentes Prado
4. Eulogio Rodríguez Vivero
5. Carlos Rivas Cordal
6. Cristina Díaz Pernas
7. Fernando Gacio Freire
8. Gloria Bodenlle Bodenlle
9. Humberto Rouco Paz
10. Luz Rouco Rubiños

BNG

1. Constantino Alvite Muinelo
2. Mónica García Souto
3. Alfonso Baamonde Fernández
4. María do Carme Pernas Bermúdez
5. Lucas Otero Blanco
6. Iria Fernández Silva
7. Pablo Guizán Rey
8. Isabel Pernas Bermúdez
9. Anxo Fole Lamas
10. Carlos Cazón Rivas
11. María Pilar Prieto Pita
12. Xosé María Felpeto Enríquez
13. Luz Divina Souto Villares
14. Jesús García Souto
15. Antonio José González Fraga
16. Sabela Figueira Tenreiro
17. Víctor Rey Carballeira
Suplentes
1. María Teresa Burgo García
2. María Carmen Bermúdez Lodeiro
3. Xosé Fernández Rodríguez
4. Santiago Jorquera Rodríguez
5. Xoán Francisco Baamonde García