Skip to main content
Vilalba

A Esmuvi organiza un campamento de verán para todas as idades

Por 27 Maio, 2023Sin comentarios

A Banda e a Escola de Música de Vilalba celebrarán este ano un campamento musical arredor da banda de música, o Mini Band Camp, no que ademais de pasalo ben, os pequenos aprenderán e mellorarán co seu instrumento mentres reforzan as amizades.

Será desde o luns 26 ata o venres 30 de xuño, en horario de 9:00 a 14:00 horas. As mañás de xogos, deportes e outras actividades ao aire libre complementaránse cos ensaios dunha banda creada con todas as persoas participantes, rematando cun concerto final ao aire libre.

As persoas interesadas que toquen algún instrumento da banda de música e con calquera idade poden inscribirse, xa que contan tamén con opcións alternativas para adultos.

As prazas son limitadas polo que é preciso informarse e inscribirse nas redes e contactos habituais de Esmuvi Vilalba e a Banda de Música de Vilalba.