Skip to main content
Vilalba

Vilalba Aberta comprométese coa licitación do servizo de recollida de lixo

Por 25 Maio, 2023Sin comentarios

Vilalba Aberta celebrou unha nova reunión, desta volta coa representación do persoal da adxudicataria do servizo de limpeza e recollida de lixo. Unha xuntanza, que lle permitiu ao candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, escoitar aos traballadores/as das diferentes quendas e zonas (mañás, noites e rural) e comprometerse co fin da actual parálise municipal en relación co proceso de licitación.

Renda, que denuncio que o servizo sume xa 33 meses fóra de contrato “sen prórroga nin licitación”, foi especialmente crítico coa irresponsabilidade e as promesas do PSOE nesta última lexislatura. “Colectores intelixente e carga lateral dicía a señora Veleiro para que lle votaran e 4 anos despois, coma co PP, 15 días entre recollida e recollida, nalgunhas zonas do rural”.

Unha visión, compartida pola nº 3 da candidatura de VA, Tamara Rodríguez, quen lamentou a “evidente falta de planificación e organización interna” dun equipo de goberno que “prioriza as obras faraónicas fronte ás necesidades reais da veciñanza.”