Skip to main content
Xermade

A Feira de Xermade acollerá unha carpa informativa sobre reciclaxe

A Feira de Xermade, que se celebra este xoves, 4 de maio, contará cunha carpa informativa sobre reciclaxe en horario de 10.00 a 13.30 horas.

Situada na praza do Concello informará sobre como se deben separar os residuos, en especial os envases de plástico briks e o papel e cartón.

Esta actividade está organizada e dirixida por Ecoembes.