Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Os concellos da comarca constituén as súas novas corporacións municipais nas que haberá cambios

Por 17 Xuño, 2023Sin comentarios

Os concellos da comarca constituén hoxe as súas novas corporacións municipais nas que destacan algúns cambios de alcaldes.

Así, en Viveiro, os tres partidos da esquerda PSOE, BNG e Por Viveiro chegaron ao acordo onte pola noite na derradeira reunión mantida para que a actual rexedora socialista María Loureiro siga no bastón de mando. Os socialistas e os nacionalistas do BNG suman 8 edís pero a maioría absoluta atópase en 9, polo que necesitaron o apoio de Por Viveiro.

No caso de Alfoz, as negociación de onte pola noite fixeron que Efigenia Maseda de VIA Alfoz sexa a alcaldesa focega e o primeiro tenente de alcalde sexa o ex rexedor socialista Jorge Val.

No Valadouro, a independente de UDIVAL, María José Fernández será a rexedora despois de impoñerse aos outros dous partidos PSOE e BNG, que contaban con dous edís cada un.  O socialista e ex rexedor, Edmundo Maseda, renunciou á súa acta polo que non tomará posesión na constitución da corporación.

En Foz, polo momento o socialista Fran Cajoto gobernará en minoría e nos vindeiros días seguirase reunindo co BNG de Francisco Fanego para formar un posible goberno de maiorías.

No caso de Burela será un goberno de coalición formado pola alcaldesa socialista Carmela López, que conseguiu 5 edís, e o tenente de alcalde do BNG, Mario Pillado, con dous edís.

En Barreiros volverá para catro anos máis o goberno capitaneado polo BNG de Ana Ermida e o PSOE de Carmen Veiga.

No caso de Cervo, a popular Dolores García Caramés será a alcaldesa trala marcha do es rexedor Alfonso Villares ao seu novo cargo de concelleiro do Mar para o goberno autonómico.

Os que si estaban claros desde o día seguinte ás eleccións foron Demetrio Salgueiro en Xove, Jesús Novo no Vicedo, Manuel Otero en Mondoñedo, Clemente Iglesias en Riotorto, Daniel Vega en Ribadeo, José Luis Pajón en Ourol, Darío Campos na Pontenova, Rocío López en Lourenzá e Mayra García Bermúdez en Trabada.