Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

O CD San Ciprián organiza uns cursos para dar a coñecer o piragüismo

Por 12 Xuño, 2023Sin comentarios

O Club Deportivo San Ciprián organiza uns cursos para dar a coñecer o piragüismo e deste xeito fomentar a práctica deste deporte nunha contorna natural.

O curso está dirixido a nenos de entre 8 e 12 anos. A primeira fase será a de iniciación, que se divide en tres partes: proba de natación, contacto e inicio coa piragua e perfeccionamento.

A segunda fase será a incorporación ao CD San Ciprian, se así o desexa o nenos.

Este curso ten a opción de comezar hoxe luns 12 e ata o venres 16, ou o luns 26 ata o venres 30 de xuño.