Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

Esta fin de semana terá lugar o Campionato Galego Alevín de Natación de Verán en Cervo

Por 22 Xuño, 2023Sin comentarios

Esta fin de semana terá lugar o Campionato Galego Alevín de Natación de Verán que será na piscina olímpica municipal de Cervo, no que participarán un total de 267 nadadores, pertencentes a 29 clubs da comunidade galega.

Na presentación da proba, que organizan o CN Xove e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello de Cervo e do Concello de Xove, participaron o concelleiro, David Rodríguez, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, o secretario xeral da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera e o presidente do Club Natación Xove, Alberto Pigueiras.