Skip to main content
Alfoz

A AC O Castelo xunto ca AAVV de Mor organiza o folión de San Xoán de Alfoz

Por 19 Xuño, 2023Xuño 21st, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo xunto ca AAVV de Mor organiza o folión de San Xoán a noite do venres 23 de xuño a partir das 21.30 horas no atrio de San Pedro.

Haberá sardiñas, panceta, chourizo, viño e queimada, en resumo “temos todos os ingredientes para unha noite especial”, din dende a asociación. Despois da cea DJ Patakiña Events amenizará a velada

A cea terá un prezo de 6 euros para os socios e 12 para os que non o sexan e para participar na cea popular haberá que chamar ao teléfono 657 109 592 ou 603 895 753.