Skip to main content
Barreiros

Barreiros acolle a proxección de ‘Matria’

Por 9 Xuño, 2023Xuño 10th, 2023Sin comentarios

Este domingo 11 de xuño, o centro sociocultural de San Cosme ofrecerá a película Matria na que sobresae a persoaxe de Ramona interpretada con braveza pola viguesa María Vázquez.

Haberá dous pases dispoñibles, o primeiro ás 18.30 horas e o segundo ás 20.30 horas.

Para asistir haberá que mercar as entradas que terán un prezo de 2,50€. Estarán a venda unha hora antes de cada función no mesmo centro sociocultural ou tamén podes adquirilas anticipadamente online.

Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredecible. Un día crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir. Sempre sacrificándoo todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara adentro e a pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir.