Skip to main content
Barreiros

O Praias de Barreiros CD presentou a nova xunta directiva

Por 28 Xuño, 2023Sin comentarios

O Praias de Barreiros CD fixo a súa asemblea anual na que foi presentada a nova xunta directiva. Antes de comezar quixeron agradecer a Julio Rocha, “Pachicho, para todos e cada un dos xogadores e membros que pasaron por este club”, e que “o botarán de menos”.

Así, o novo presidente será Alfonso Fernández Croas; a vicepresidenta, Arantxa Arias Reboredo; o secretario, Faustino González Díaz; o tesoureiro, Manuel Fuente Dorado, e como vogais foron nomeados Guillermo González López, Oliver González Río, Luis Miguel Rodríguez López e Borja Rocha Vázquez.

Dende hoxe poñeranse máns o traballo, para darlle continuidade os dous equipos tanto masculino, en Preferente Norte, como o feminino, en Primeira Autonómica.

Tamén informaron que Borja Rocha non continuará adestrando o equipo en Preferente, “unha decisión de mutuo acordo”