Skip to main content
Burela

Ratificado o reparto das Áreas de Goberno no Pleno de organización do Concello de Burela

Por 30 Xuño, 2023Sin comentarios

No Pleno de organización do Concello de Burela foi ratificado o reparto das Áreas de Goberno, que asinou a alcaldesa, Carmela López, hai uns días a través dun decreto.

A rexedora asume Urbanismo, Persoal, Policía Local, Protección Civil e Medio Ambiente. Mario Pillado, primeiro tenente de alcaldesa, será o responsable das Áreas de Xustiza Social, Mocidade e tamén Educación, que aglutinan ademais Inmigración e Cooperación, Escola de Música, Aula Cemit e Centro de Drogodependencias.

Ramiro Fernández Rey, segundo tenente de alcaldesa, levará as Áreas de Obras e Benestar Comunitario, Turismo e Mar, que inclúen (Sumidoiros, abastecemento de auga, recollida de residuos, limpeza viaria, cemiterio, alumeado público e tamén escolas infantís).

Lina Gómez Pardo será a concelleira delegada de Cultura e Comercio de Proximidade; Patricia Eijo Palmeiro, levará as delegacións de Economía e Facenda, Festas e Festexos; Alejandra Fernández Cillero farase cargo da Delegación de Igualdade e Servizos Sociais; e Carlos Méndez Pena, será o concelleiro de Deportes e Sanidade.

Da xunta de goberno local formarán parte Carmela López, Mario Pillado, Ramiro Fernández, Lina Gómez e Patricia Eijo.

As sesións plenarias terán periodicidade bimensual, os xoves da cuarta semana dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro ás 20 horas.

Foron aprobadas as dúas dedicación exclusivas absolutas do Concello de Burela, que serán para a alcaldesa e para o primeiro tenente de alcaldesa. E o segundo tenente de alcaldesa percibirá unha dedicación parcial.