Skip to main content
Cervo

Alfonso Villares, novo conselleiro do Mar, e Dolores García Caramés, será a alcaldesa de Cervo

Por 14 Xuño, 2023Sin comentarios

Dolores García Caramés a número 2 en la lista do PP en Cervo, tras o rexedor en funcións Alfonso Villares, convertirase este sábado na primeira muller á fronte do concello cervense tralo nomeamento de Villares como conselleiro do Mar.

Dolores García Caramés, que xa foi a tenente de alcalde neste catro anos e número dous nas listas do PP nas eleccións, chegou á política cervense no 2015 cando sendo a número cinco naquela lista, pero o seu traballo e dedicación fixeron que Villares depositara a súa confianza nela.

Nas eleccións do 2019, ademais de ser tenente de alcalde, fíxose cargo da concellería de Facenda, o que fixo que que o concello este libre de hipotecas e das débedas herdadas por primeira vez en 35 anos.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, nomeaba onte aos membros do Executivo, no que asignou a Alfonso Villares como conselleiro do Mar. Así, o alcalde popular será o novo conselleiro sucedendo a Rosa Quintana. O seu designamento causou unha gran sorpresa na Mariña, porque ademais Alfonso Villares vén de revalidar o goberno local de Cervo cunha nova maioría absoluta.

Desde o 2007, cando se presentou por primeira vez como candidato á Alcaldía, gañou todas as eleccións conseguindo catro maiorías absolutas seguidas, e esta sería a quinta. Villares sempre se rodea dun equipo “con acreditada experiencia e capacidade de traballo”.

O popular tamén explicou que “despois dunha boa xestión financeira ao longo destes anos, o Concello está agora libre de hipotecas e das débedas herdadas por primeira vez en 35 anos”. Polo tanto, “agora hai moitas máis posibilidades de reforzar as políticas públicas”.