Skip to main content
Mondoñedo

Aberto o prazo de matriculación nos ciclos do sector forestal do IES San Rosendo

Por 29 Xuño, 2023Xuño 30th, 2023Sin comentarios

O IES San Rosendo é un dos centros referentes na especialización agroforestal da Formación Profesional. Así, conta cunha oferta educativa relacionada con este campo: o Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, o Ciclo Medio e Dual de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e a FP Básica de Agroxardinería.

No San Rosendo combínanse os procesos de ensino e aprendizaxe en empresas cos do centro educativo polo que o seu alumnado ten unha aprendizaxe para a formación de operadores de maquinaria como autocargador ou procesadora entre outros.

Tamén se realizan cursos de formación complementaria con xornadas de resinación ou de prevención de riscos por exemplo. Durante o cursos tamén hai visitas formativas a viveiros, repoboacións, áreas verdes, parques ou instalacións contraincendios, etc. Ademais o centro dispón de equipamentos punteiros como un simulador forestal onde o alumnado adquire as destrezas necesarias para o manexo da maquinaria

O centro mindoniense ofrece un gran abano de oportunidades á hora de realizar a formación práctica e tamén as futuras saídas profesionais. Tamén contan con outro tipo actividades medioambientais como bosques comestibles que ademais de madeira proporciona alimentos e planta menciñeiras, divulgan a agroculturam ensinan a cociñar e porpoñen ideas contra a contaminación.

O prazo de matrícula no Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, e o Ciclo Medio e Dual de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural está aberto ata o vindeiro 5 de xullo. O de FP Básica de Agroxardinería remata o 6 de xullo.

As solicitudes de inscrición de ciclo superior e medio deberán realizarse mediante o asistente informático vía web na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

Foi o primeiro centro do Estado no que se implatou o Ciclo Medio Dual de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, que conta coas mellores empresas do sector da primeira transformación da madeira.