Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo conta con nova rozadoira de brazo articulado traseiro para mellorar o rural

Por 16 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Ribadeo conta con nova maquinaria para mellorar os servizos públicos no rural. Trátase dunha rozadoira de brazo articulado traseiro para dispor sobre tractor.

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, explicou que “nun concello, coma o noso, que ten unha extensión de 100 quilómetros cadrados e que conta con amplas zonas verdes e centos de quilómetros de vieiros municipais, precisa da maquinaria axeitada para poder manter nas mellores condicións posibles as estradas, as cunetas ou as áreas recreativas”.

O edil ribadense contou que “esta rozadoira únese ao parque de maquinaria co que conta o Concello de Ribadeo, grazas ao convenio asinado coa Área de Medio Rural da Deputación”. O investimento ascendeu a 39.000 euros.