Skip to main content
O Valadouro

O Valadouro, Partido Popular ou pacto

Por 9 Xuño, 2023Xuño 10th, 2023Sin comentarios

No concello do Val do Ouro, o Partido Popular conseguiu 4 escanos, o BNG 2, o PSOE 2 e UDIVAL 1, o que abre un abano de posibilidades de Goberno.

Os resultados dos comicios abren a porta a diferentes panoramas, pois o PP liderado por José Manuel Lamela conseguiu recuperar a confianza dos veciños con 452 votos e 4 edís.

Pola contra, o PSOE de Edmundo Maseda e actual alcalde perdeu dous concelleiros, quizais polas polémicas do último mandato.

O BNG de Edmundo Chao mantense con dous edís e UDIVAL, con María José Fernández Díaz, tamén se mantén con un concelleiro. “Nos últimos anos, o PSOE foi máis protagonista polos desencontros que pola xestión”, así de contundente manifestaba o popular, logo de agradecer aos seus compañeiros de lista “o esforzo por dar o paso para traballar e ser a alternativa ao desgoberno e á inestabilidade que tivemos nos últimos tempos”.

“Os resultados están á vista e creo que o pobo falou claro. Tivemos máis votos que o PSOE e o BNG, e UDIVAL sacou un concelleiro e ademais baixou no número de votos”, dixo Lamela. Agora toca falar pois “a miña obligación é sentarme con todos e estamos abertos a todas as posibilidades”.

Eduardo Chao, do BNG, comunicou que “ata agora é moi cedo para falar de posibles pactos”.  “Facemos unha valoración positiva pois mantemos o número de concelleiros, e porque non é o mesmo ter 2 de 9 que 2 de 11 como estabamos antes”, di Chao. “Estivemos so dous anos no Goberno e creo que o rentabilizamos porque os veciños nos apoiaron”, engadiu.“O tripartito non é a formación máis normal porque é dificil poñerse dacordo e xa se sabe que tres son multitude”, rematou dicindo.

O abano de posibilidades para formar Goberno pasa polo pactos entre PP e UDIVAL, a colación de PSOE e BNG ou a repetición dun tripartito entre PSOE, BNG e UDIVAL, que xa se fixo hai case 20 anos e permitiulles botar do Goberno local ao PP cunha moción de censura.

O Partido Popular necesita apoios, e o máis lóxico ideoloxicamente falando é que se una con UDIVAL, pero haberá que esperar.
Pola súa banda, o Partido Galego liderado por Enrique Geada tan só conseguiu 67 votos, polo que non acadou representación muncipal.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • José Manuel Lamela Piñeiro PP
  • Senén Castro Lorenzo PP
  • Lorena Díaz Pita PP
  • Ana Isabel Rubal Balseiro PP
  • Edmundo Maseda Maseda PSOE
  • María Xosé Barreira Goás PSOE
  • Eduardo Chao González BNG
  • Eliseo Teijeiro Orol BNG
  • María José Fernández Díaz UDIVAL