Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

O barrio dos Muíños de Mondoñedo celebrará o San Xoán os días 23 e 24 de xuño

Por 6 Xuño, 2023Sin comentarios

O barrio dos Muíños, na localidade de Mondoñedo, celebrará o San Xoán os días 23 e 24 de xuño.

Os asistentes a este evento poderán gozar cos actos programados que comezarán o venres 23 ás 21.30 horas coa cea. Para asistir haberá que reservar chamando ao 679 990 683 ou 652 328 194.

Esta cea estará amenizada co dúo Epo-k e DJ Eventec e ás 00.00 será a Queima do Folión.

O propio día de San Xoán, o sábado 24, haberá unha actuación musical a cargo de Eventec e á media noite repartiranse bolos preñados no Valeco.