Skip to main content
Lugo

O CIFP As Mercedes acolle unha xornada sobre intelixencia artificial

Por 10 Xuño, 2023Sin comentarios

O CIFP As Mercedes de Lugo acollerá o próximo xoves, 15 de xuño, unha xornada sobre intelixencia artificial, unha tecnoloxía clave para impulsar a dixitalización tanto en empresas como en centros educativos.

A xornada abrirá ás 9.00 horas comezando cunha introducción á intelixencia artificial e ás súas aplicacións, a cargo de Mateo Bodenlle e Judith González, estudantes do grao de Informática e IA da USC.

A continuación farase unha demostración de detección de textos xerados por IA, a cargo do investigador do CiTIUS Aldán Creo Mariño.

Tralo descanso, continuarán as ponencias a cargo de Noemí Rodríguez e Brais Vázquez, responsables de Himikode, que falarán da intelixencia artificial na empresa como un valor engadido para a Formación Profesional.

Rematarán cunha mesa redonda sobre aplicacións prácticas da IA en empresas de diversos sectores. Ademais dos ponentes anteriores tamén estarán Elio López, de Innogando; e Saúl Vérez, de saulverez.com.

A inscrición para esta sesión poden facerse no seguinte enlace.