Skip to main content
Lugo

Falece a política lucense Cristina Pérez Herraiz

Por 27 Abril, 2024Sin comentarios

A política luguesa Cristina Pérez Herraiz faleceu en Lugo despois dunha longa loita coa enfermidade. Pérez Herraiz, de 63 anos, ten tres fillas. O óbito coñeceuse a primeira hora da mañá de hoxe en Lugo.

Cristina Pérez Herraiz uniuse á política nas filas de Lugonovo e foi elixida concelleira no ano 2015 sendo voceira do grupo municipal, desde 2017 ata as eleccións xerais de 2019, nas que encabezou a lista ao Congreso pola provincia de Lugo por En Marea.

A política luguesa, irmá da socialista Margarita Pérez Herraiz, chegou á política logo dunha ampla experiencia como traballadora na Inspección de Traballo e na Oficina de Emprego de Lugo.

«Non tiña experiencia política pero si formei parte dun grupo de persoas que no 2014 criamos que chegara o momento de facer algo por cambiar as cousas», explicou cando dirixiu os seus pasos á política.

Defendeu sempre a Galicia e á muller, poñendo como referentes a políticas como Carmela e Colau.

Ademais, desenvolveu unha intensa e longa colaboración con distintos colectivos para lograr a integración e melloras para persoas con diferentes carencias.