Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Lugo acolle un torneo de golf a favor da Asociación Española contra o Cancro

Por 16 Xuño, 2023Sin comentarios

O domingo 18 de xuño, durante todo o día, celebrarase a terceira edicióndel Torneo solidario Asociación Española Contra o Cancro organizado polo Club de Golf Lugo, situado en Santa Marta de Fixós, 27188.

A inscrición son 20 euros íntegra para a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo e contarase con premios en función de cada categoría. Haberá un campión Scratch, campión 1º Cat. Hándicap, campión 2º Cat. Hándicap, subcampión 1º Cat. Hándicap, subcampión 2º Cat. Hándicap, mellor Driver feminino, mellor Driver masculino e mellor Approach. Tamén haberá un premio para a categoría infantil.

O domingo, unha vez finalizado o torneo de golf, haberá un sorteo de agasallos entre os participantes. As persoas que estean interesadas en participar no Torneo de Golf a beneficio da Asociación poden facelo previa inscrición no teléfono 982 176 314 ou a través do correo electrónico golflugo@golflugo.com.