Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O equipo cadete do Club Ribeira FS proclámase Campión de España

Por 18 Xuño, 2023Sin comentarios

Os xogadores cadetes do Ribeira FS completaron unha gran tempada facéndose co título de campións de España Clubs Futsal tras enfrontarse contra o FS Barcelona en Móstoles.

Durante o encontro, os de Lugo meteron seis goles, mentres que os de Barcelona apuntaron cinco, o que deu a vitoria definitiva desta competición nun apertadísimo e moi emocionante encontro.

Este duelo tivo lugar no Pavillón Municipal Villafontana ás 17.00 horas, despois de que o día anterior gañaran contra El Pozo Murcia cun 2-3 no mesmo campo de Móstoles.

Este título súmase ao de campión de liga na División de Honra Cadete, que arrebataron ao Burela no último partido da competición regular.