Skip to main content
Antas de Ulla

O colexio de Antas de Ulla organiza a primeira carreira EmotionAntas Run!

Por 5 Xuño, 2023Xuño 20th, 2023Sin comentarios

O colexio de Antas de Ulla organiza o vindeiro 20 de xuño a primeira edición da EmotionAntas Run! que está destinada a toda a comunidade educativa.

Esta carreira cargada de explosivas cores será o acto central da celebración fin de curso, a saída realizarase ás 11.30 dende o centro e dende a organización piden acudir con camisetas brancas ou de tons claros.

Despois da carreira continuará a festa na pista cuberta do patio do colexio con merenda e música.