Skip to main content
Antas de UllaSarria

Sarricanta, Cantareiros da Unión e a Banda de Música de Antas de Ulla protagonizarán o Concerto de Remate de Primavera

Por 5 Xuño, 2023Sin comentarios

O vindeiro 17 de xuño terá lugar o Concerto de Remate de Primavera en Sarria, no que o coro Sarricanta e os Cantareiros da Unión actuarán na Sociedade Cultural La Unión ás 19.00 horas.

O evento acollerá, ademais, a actuación da Banda de Música de Antas de Ulla a partir das 19.30 horas, que tamén participará deste evento de Remate de Primavera en Sarria.

Esta iniciativa encádrase no marco do Tradigalu, o programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical da Deputación de Lugo para fomentar a integración e o benestar social ao permitir o acceso á cultura musical de toda a cidadanía.