Skip to main content
Baralla

Baralla acolle a segunda edición do Raid Vía Künig

Por 25 Xuño, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

O Concello de Baralla en colaboración co Club Siglo Endurance Team organiza o día 1 de Xullo o II Raid Vía Künig que este ano coincide co Campionato Galego de raid.

O Raid Hípico ou Endurance ecuestre é unha disciplina que consiste en carreiras longas campo a través, contrarreloxo, onde se pon a proba a resistencia física e psíquica, a habilidade do cabalo e do xinete, seguindo unha ruta marcada.

A cada competidor obrígaselle a seguir un percorrido. Pódese facer, segundo sexa o terreo, a paso, trote ou galope. O reloxo non se para ao chegar a meta, senón cando o cabalo recupera e a súa frecuencia cardíaca ponse na menos de 64 ppp, (pulsacións por minuto) dependendo da categoría cada competición pode ter diferentes distancias e nunca menos de 40 Km. se é unha competición nacional.

Cada 25, 20, 30 ó 40 quilómetros cabalo está obrigado a pasar un control veterinario que certifica que está en boas condicións para seguir.

Haberá polbo e churrasco para que todo o mundo poida gozar deste día en compañía de familiares e amigos na marabillosa Área Recreativa de Sobrado.