Skip to main content
Baralla

Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán de Baralla

Por 25 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Baralla ten aberto o prazo de inscrición para apuntarse aos campamentos para este verán.

As actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e haberá obradoiros de diferentes temáticas e actividades como manualidades, deportes, piscina e natureza. 

As actividades son gratuítas e organízanse durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Para máis información e realizar a inscrición será necesario acudir ao centro sociocultural e será neceario presentar o DNI dos proxenitores e a declaración da renta.