Skip to main content
Castroverde

Castroverde estrea a súa área de autocaravanas

Por 25 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Castroverde vén de estrear a súa primeira área de autocaravanas, situada ao lado das piscinas municipais e da área recreativa da Veiga do Olmo.

Esta nova instalación conta con todos os servizos necesarios, como son catro prazas de aparcamento reservadas, toma de auga, punto de descarga de contedor de lixo, puntos de luz, etc.

A obra contou cun orzamento de 40.000 euros e está situada nun lugar de fácil acceso que ofrece ao visitante un lugar de esparcemento ao estar ao lado das piscinas e a área recreativa.