Skip to main content
O Corgo

O Corgo: O PP absorbe a Ciudadanos

Por 11 Xuño, 2023Xuño 12th, 2023Sin comentarios

Felipe Labrada será alcalde con maioría absoluta cun espectacular aumento de votos. O PSOE cae en representación e o BNG mantense estable.

CONCELLEIROS ELECTOS

◆ Felipe Labrada Reija (PP)
◆ Marcos Trashorras Reija (PP)
◆ José Luis Fernández López (PP)
◆ Mª Mar Gómez Gómez (PP)
◆ María Jesús Álvarez Fole (PP)
◆ Pedro Fernández Reija (PP)
◆ David Rodríguez Lodeiro (PP)
◆ Ana María Mera López (PP)
◆ Francisco Otero Besteiro (PSOE)
◆ Roberto Besteiro Queizán (PSOE)
◆ Pilar Bellón Candal (BNG)

O Partido Popular consegue unha gran subida no concello do Corgo, no que Felipe Labrada será de novo o alcalde pero nesta lexislatura cunha maioría absoluta importante. O PP fíxose nas pasadas eleccións do 28 de maio con oito dos once concelleiros, tres máis que nas anteriores e que lle dan o goberno en solitario. Nesta ocasión os populares obtiveron 1.450 votos, que representan o 62,71 por cento do total.

No Corgo, ao igual que en Lugo, desaparece Ciudadanos e son os populares quen absorben eses dous concelleiros e os case catrocentos votos que a agrupación laranxa obtivo nos comicios do 2019.

Pola súa parte o PSOE, que repetía con Francisco Otero como cabeza de lista, vén de perder un concelleiro e case douscentos votos con respecto ás pasadas eleccións quedando a esquerda sen opcións de coalición para formar goberno. O BNG tamén baixou en votos acadados, pasando de 382 a 241 pero os nacionalistas conseguen manter o concelleiro e quedan igual que no 2019.

A novidade neste municipio era para Contamos Galicia Sempre, unha nova agrupación provincial que se presenta no Corgo con dúas exsocialistas Nuria Mera, como cabeza de lista, e Marta López, como número dous. Ambas concelleiras concorren nestas eleccións cos independentes pero quedaron sen representación no Concello obtendo un total de 150 votos, un 6,48 por cento.

A abstención aumentou nestas eleccións en case tres puntos con respecto ao 2019 cun total de 736 persoas que non acudiron ás urnas e que supoñen case o 24 por cento. Os votos en branco e nulos tamén aumentaron, pero de xeito menos significativo coa abstención subindo 0.36 e 0.58 puntos respectivamente.