Skip to main content
O Corgo

A localidade de San Xoán de Cela, no Corgo, está de festa este sábado

Por 13 Xuño, 2023Sin comentarios

A localidade de San Xoán de Cela, no Corgo, celebrará as festas patronais con dous sábados seguidos de celebracións, que terán o seu inicio esta semana.

Comezarán as festas coa tradicional misa solemne  coa participación dos gaiteiros de Legua Dereita. A continuación haberá sesión vermú con Punto Clave, que tamén estarán na verbena xunto ao DJ Moi.

O seguinte sábado, día 24, a misa será ás 21.00 horas no campo da festa, antes da cea veciñal que estarán amenizada por Belehm Arencibia e DJ Moi.