Skip to main content
O Corgo

A xornada de Acruga centra a xornada de Raza Rubia Galega de Adai

Por 16 Xuño, 2023Sin comentarios

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, vivirá este sábado una das súas grandes citas no calendario de eventos, coa celebración en Adai, O Corgo, da poxa, que alcanza a súa edición número 99, e o trixésimo sexto concurso de gando, ambos de carácter nacional.

O acto máis importante comezará ás 11.00 da mañá coa retirada de tarxetas, para unha hora despois arrincar coa poxa de sete touros e 14 xatas preñadas, gañado que chega procedente do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo; da nave de testaxe de Acruga;e das explotacións gandeiras de Raza Rubia Galega.

Así se poxarán tres touros da nave de testaxe que Acruga ten en Adai e catro exemplares de tres gandeiros particulares con explotacións no Páramo e Lugo. Todos os machos contan con idades comprendidas entre os 14 e os 26 meses e con altos índices de cualificación, con categorías de moi bos e excelentes.

A poxa de xatas preñadas é outro dos pratos fortes desta xornada de exaltación da Raza Rubia Galega. Poderase poxar por nove femias preñadas procedentes do centro de recría así como por outras cinco xatas, de explotacións de Lugo e Pantón. Tamén no caso das femias, todas elas contan con cualificacións moi boas ou máis que boas, con idades comprendidas entre os 18 e os 29 meses, e preñadas de dúas a oito meses.

Os prezos de saída dos animais que chegan da man de Acruga fixáronse en 2.000 euros as femias e en 2.300 para os machos, e como xa é habitual, a poxa contará un ano máis coas axudas á compra de Caixa Rural, que establece 200 euros para as femias e 300 para os machos.

Un centenar de exemplares ao concurso

De forma paralela á poxa, os visitantes que se acheguen ao recinto gandeiro de Adai poderán admirar aos mellores exemplares deste raza, uns 100, que toman parte no concurso nacional, e que competirán en varias categorías para determinar cales son os mellores exemplares de machos, femias, vacas paridas, xatas, tenreiros etc.

Os encargados de determinar os gañadores do certame serán os xuíces profesionais procedentes da Escola de Xuíces de Acruga. Os animais que tomarán parte no concurso nacional proceden de nove ganderías de Acruga, situadas nos concellos de Castroverde, Friol, Samos, Vilalba, Rodeiro, en Pontevedra, e no propio municipio do Corgo.