Skip to main content
O Corgo

Adai celebra este domingo Feira do Cabalo

Por 17 Xuño, 2023Sin comentarios

Regresa este domingo a Feira do Cabalo de Adai, que chega á súa vixésimo sexta edición  e que contará cun espectáculo de doma en liberdade a cargo do andaluz Santi Serra.

Como sempre a Feira do Cabalo de Adai terá lugar no campo da festa desta localidade do Corgo. Alí poderanse comprar e vender exemplares équidos.

De feito, o Concello disporá de zona de amarre de monturas para aqueles que se acheguen á feira sobre os seus animais.

Esta feira supón un importante impulso económico nun concello no que existe unha gran tradición equina.