Skip to main content
O Corgo

A localidade de Gomeán, no Corgo, acolle a Festa Xogueteira

Por 26 Xuño, 2023Sin comentarios

A Asociación socio-educativa Antonio Gandoy acolle este martes, 27 de xuño, en Gomeán, O Corgo, a Festa Xogueteira, que contará con contacontos e xogos de auga.

A sesión dará comezo ás 17.00 horas e ten o obxectivo de ofrecer un tempo de xogo compartido coa familia. Entre as actividades previstas figuran dúas sesións de contacontos, unha cargo de Ana Meilán, co título, O lobo Rigoberno, e outra de Olaia Otero, O tesouro do Pirata Frank.

Haberá tamén recando de xogos con auga, polo que a organización recomenda levar bañador our roupa de cambio.

A festa desenvolverase no campo da Feira de Gomeán, que dispón de aparcamentos, baños e cambiadores.