Skip to main content
Lugo

Lugo acollerá unha nova quedada sen móbil para a xuventude

Por 6 Xuño, 2023Sin comentarios

Lugo acollerá a III quedada sen móbiles, actividade incluída no programa +Xti 2023, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude, nesta ocasión co obxectivo de desintoxicar do dixital e demostrar que non necesariamente se necesita internet para divertirse.

A actividade está pensada para que, os participantes experimenten a desconexión, estando dúas horas e media sen utilizar o móbil, e fomentar un uso responsable dos dispositivos tecnolóxicos con pantalla que tanta atención concitan entre os nenos.

Sabemos que vivimos na era das pantallas e que forma parte da nosa vida cotiá. Con todo, podemos caer nun uso inadecuado e excesivo. Por iso con esta actividade dende o a área de Xuventude pretenden, concienciar aos mozos e mozas da necesidade de utilizar adecuadamente estes dispositivos.

A quedada, dirixida á mocidade de entre 14 e 35 anos, terá lugar o 30 de xuño, sendo o punto de partida a praza do Camiño Primitivo, das 18:00 ás 20:30 horas. A inscrición é gratuíta, cun límite de 35 prazas e poderase realizar a partires do 19 de xuño, a través de www.lugomasxti.org.

A xornada, incluirá unha ruta polo Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo, co guía local Guido, un pícnic saudable, unha actuación sorpresa e agasallos para os asistentes.