Skip to main content
Lugo

O Arde Lucus abrirá este sábado co Natalis, o acto de anuncio das festas

Por 6 Xuño, 2023Sin comentarios

As asociaciones  romanas de recreación histórica veñen de ser convocadas ao Natalis, o acto oficial previsto para o día 10 de xuño, sábado, co que se da o pistoletazo de saída ao Arde Lucus, que vivirá este como o primeiro co título de Festa de Interese Turístico Internacional.

O Natalis celebrarase por terceiro ano consecutivo e servirá para que se presenten as asociacións romanas. Con este acto tamén se fai unha recreación histórica, xa que era o momento no que os romanos antigos anunciaba unha importante festa e agora é o acto de presentación do Arde Lucus.

O acto do día 10, que foi presentado onte polas asociacións e representantes municipais, consistirá nun iubilator, que percorrerá as rúas para informar aos cidadáns da proximidade da festa. Haberá ofrenda floral e instalarse na Mosqueira un panel para ir facendo a conta atrás dos dez días que faltan para o Arde Lucus.

O Natalis dará comezo ás 20.30 horas coa participación de centenares de persoas que formarán un desfile. Non faltará o himno do Arde Lucus, o Calendis Arde Lucus, que cantarán o Orfeón Xoán Monters e a Coral Ecos do Miño. Tamén está prevista a actuación do músico Abraham Mateo.