Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo inicia a próxima semana o seu traballo na oposición con encontros coa cidadanía

Por 13 Xuño, 2023Sin comentarios

Elena Candia explicou que “unha vez que tomen posesión da acta de concelleiros se activará o traballo e a presenza na rúa do Grupo Municipal promovendo dous tipos de accións: as xuntanzas territoriais, recuperando o formato de escoita activa e diálogo permanente coa veciñanza e, en segundo lugar, a creación de mesas de sectoriais monográficas que aborden diferentes temáticas”.

Para a vindeira semana está cerrado o primeiro encontro aberto á cidadanía no barrio da Ponte, que se desenvolverá o xoves 22 de xuño ás 20.00 horas no Bar Aniceto. Tamén se vai crear a primeira das mesas de traballo permanentes que abordará asuntos relacionados cos colectivos migrantes que viven en Lugo dando participación a integrantes de diferentes asociacións de distintos países.

Elena Candia explicou que a reunión de coordinación desenvolverase todos os luns ás 8.00 horas aclarando que “o Grupo Municipal é un equipo dinámico, construtivo e proactivo que está ilusionado, como moita forza e gañas de traballar”.

Os populares tamén prestarán atención presencial nas oficinas do Grupo na Casa do Concello na Praza Maior o horario de atención ao público e tamén poñen a disposición dos lucenses un servizo de whatsapp para que comuniquen as súas queixas e suxestións sobre asuntos relacionados co municipio.

O número é o 618 626 902 que precisamente tamén se utiliza para ofrecer información sobre a actividade do grupo polo que os interesados en sumarse a esta canle de comunicación só teñen que enviar a palabra ALTA para activar as notificacións.