Skip to main content
Lugo

Feministas reclamarán hoxe a conservación do ginkgo biloba de Santo Domingo

Por 29 Xuño, 2023Xullo 6th, 2023Sin comentarios

A Plataforma Feminista Lugo organizou unha acción de protesta ante as obras de peonalización da praza de Santo Domingo que implican o inminente traslado do gingko biloba, árbore símbolo da loita feminista e contra a violencia machista plantado nese lugar no ano 2000.

Segundo explican as convocantes, “alí sementaron moitas mulleres antes ca nós e que agora o Concello de Lugo, cunhas obras deseñadas sen consultar nin escoitar ás veciñas, quere borrar dun plumazo”.

A día de hoxe, o lugar onde está prantada esta árbore, segue a ser un espazo de lembranza e reivindicación feminista sobre o que esixen que sexa respectado.

Así, esta tarde de xoves, ás 20.00 horas, a veciñanza está convocada a un acto revindicativo co obxectivo de “Salvar o gingko biloba.  Esiximos respeto á memoria das mulleres!”

Pola súa banda, o Concello anunciou que a árbore non se trasladará de lugar e manterá e seguirá a ser o seu símbolo da loita contra a violencia de xénero. Ademais anunciou que se colocará outro na rúa Montevideo.