Skip to main content
Lugo

Veciños da Milagrosa quéixanse da presenza de ratas por un solar abandonado

Por 29 Xuño, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa de Lugo está a recibir numerosas queixas de establecementos e de veciños da rúa Camiño Real de contorna ao número 159.

Nesta zona, hai un solar sen edificar “que no seu día foi propiedade da Xunta de Galicia e que na actualidade non sabemos se segue sendo propiedade da Xunta de Galicia ou dalgún particular”, que expón uns problemas sanitarios graves, xa que nos consta que hai ratas de gran tamaño, que mesmo hai establecementos que se queixan, de que estes roedores de gran tamaño tentaron entrar nos seus bares ou mesmo en portais de comunidades”.

Por iso solicitan da Concellería de Medio Ambiente que se identifique o propietario do solar, e que se lle obrigue a manter este nas debidas condicións. Ademais, que por parte do Concello se proceda a desratizar o mencionado solar á maior urxencia posible.

“Preto deste solar atópanse os contedores de lixo, e por tanto é un foco de insalubridade xa que as ratas diríxense aos contedores, non pretendemos que se saquen os contedores, só pedimos que se eliminen as ratas”, explican desde o colectivo.