Skip to main content
Lugo

O PP presenta unha serie de propostas para a nova edición do Arde Lucus

Por 30 Xuño, 2023Sin comentarios

Propón, entre outras, innovar nos contidos e planificar e divulgar con antelación o programa das festas.

O concelleiro popular Agustín Gallego presentou unha batería de propostas de cara á mellorar a vindeira edición do Arde Lucus. Ademais de suxerir que se celebre nunha data fixa, que non coincida co San Xoán, o popular é partidario de que se innoven os contidos”.

O popular lamenta que “este ano, o primeiro que se celebrou o Arde Lucus con carácter internacional o programa que dependía do goberno local non estivoese á altura xa que houbo menos animación na rúa (suprimíronse espectáculos do fauno, nin zancudos, nin bestia, nin grupos folk) mesmo suxeriu a necesidade de dárlle un aire novo ao circo romano xa que, ano tras ano, repite a mesma función.

Agustín Gallego tamén solicita que se estude a posibilidade de irmanarse cunha cidade romana con restos romanos como podería ser Oderzo, Luni, Sepino, Larino … para que aporten a súa experiencia e incluso apuntou a posibilidade de organizar unha xornada adicada a coñecer a riqueza doutras cidades romanas.

Os populares cren que nun evento deste tipo debe haber máis animación na rúa cun programa cultural no que se teña presente o talento cultural local: por exemplo invitar ás corais para que haxa espectáculos en diferentes prazas.

PLANIFICACIÓN

Os populares non comprenden a falta de previsión á hora de publicitar o programa do Arde Lucus salientando como “nesta edición o goberno local fixo a presentación o 16 de xuño, seis días antes da celebración, o que delata que houbo improvisación e que non se planificou con tempo”.

Para Agustín Gallego é moi importante evitar un solapamento de actos. O concello debe ter unha axenda cultural pública e feita con antelación para evitar contraprogramacións tanto no Arde Lucus como noutros eventos.

Outra proposta é a de dar difusión deste evento ás cidades que forman parte da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas así como cos concellos cos que Lugo está irmanados (Viana do Castelo en Portugal, Dinán na Bretaña francesa e está hermanada coa Gran Muralla China de Qinhuangdao).

Gallego tamén avoga por fomentar a caracterización na cidadanía “facilitando e incentivando con máis obradoiros de caracterización tanto de vestimenta, complementos ou de maquillaxe”.

Por último suxire que se cree unha mesa de traballo “que se reuna xa en setembro, e na que estén as asociacións que participan no Arde Lucus, para poñer en común e intercambiar ideas e ter contactos con outros lugares onde se fagan eventos deste tipo e que poidan servirnos de referencia”.