Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Acruga convoca unha asemblea extraordinaria para o o día 21

Por 11 Xuño, 2023Sin comentarios

A xunta directiva da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, decidiu na reunión do pasado venres a convocatoria dunha asemblea extraordinaria de socios para dar resposta ás peticións de varios asociados. A falta de pechar o lugar de celebración, Acruga comunicará a partir do luns a hora e o sitio para a devandita convocatoria.

Desde a xunta directiva aseguran non entender a postura dalgúns socios de pedir que o xulgado medie na convocatoria da asemblea, cando era coñecida a reunión de onte venres para, precisamente, fixar a data da asemblea extraordinaria.

Así mesmo, a xunta directiva mostrou o seu rexeitamento ao envío de mensaxes, por parte de gandeiros críticos con César Dorado, aos móbiles persoais de varios membros da xunta instándolles a dimitir porque “vas meterche en lerias sen falta deles….e encima quedar marcado” e asegurándolles que ” …vades saír na tvg…e nos periódicos de todo ou país non nos deixades outra opción” ou “esta é a última vez que unha denuncia leva o nome da asociación… as próximas con nome e apelido”.

Ante estas mensaxes os integrantes da directiva da asociación aseguraron que respectan a crítica e as peticións de todos o asociados pero non están dacordo coas formas e as mensaxes intimidatorios que están a facer chegar a varios membros da directiva.