Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

As máscaras deixarán de ser obrigatorias en próximas datas

Por 24 Xuño, 2023Sin comentarios

O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas acordaron este venres “por consenso”, no marco do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), a retirada da obrigatoriedade das máscaras nos centros sanitarios, sociosanitarios e as farmacias, últimos lugares onde era necesaria.

Así, trala súa aprobación en Consello de Ministros, en lugar dunha obrigación, estará soamente recomendado levar as máscaras nestes espazos.

En calquera caso, non se descarta que poda manterse a súa obligatoriedade nalgúns espazos sanitarios onde haxa especiais características e pacientes inmunodeprimidos, como as UCI, as zonas de oncolóxicos, quirófanos ou Urxencias.

A decisión tomouse, segundo estas fontes, tras escoitar o informe técnico dos expertos do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES), liderados polo doutor Fernando Simón. Miñones xa avanzou nos últimos días que só se tomaría esta medida “escoitando aos expertos”.

Previsiblemente, o Executivo podería levar este asunto ao Consello de Ministros ordinario do martes. Posteriormente, sería publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) e, así, entraría en vigor.

A medida, producida en plena precampaña para as Eleccións Xerais do 23 de xullo, foi cualificada de “electoralista” por varias comunidades autónomas, principalmente do PP, como a Comunidad de Madrid.

Por exemplo, o conselleiro de Sanidade madrileño en funcións, Enrique Ruiz Escudeiro, subliñou, antes do CISNS, o carácter “absolutamente irregular de principio a fin” desta reunión, con 12 conselleiros en funcións tras as eleccións autonómicas do pasado 28 de maio.

Ata o momento, as máscaras eran obrigatorias nos centros e servizos sanitarios como hospitais, centros de saúde, clínicas dentais, centros de reprodución humana asistida, centros de interrupción voluntaria do embarazo e outros centros de atención especializada.

Tamén se tiñan que usar nas farmacias e nas residencias, aínda que neste último lugar só era obrigatoria para os profesionais que traballen neles sempre que estivesen en contacto con residentes e para os visitantes cando se atopasen en zonas compartidas.

Fai catro meses, o 8 de febreiro, España deixou de ser o único país de Europa que mantiña a obrigatoriedade do uso das máscaras nos transportes públicos. Esta medida produciuse meses despois de que o aprobasen o resto de países do continente, aínda que en moitos se seguía mantendo a recomendación de utilizala en espazos pechados e en transportes públicos co fin de previr o contaxio do coronavirus.

A retirada das máscaras nos transportes produciuse case un ano despois de que o seu uso deixase de ser obrigatorio no exterior, medida aprobada o 10 de febreiro de 2022, e uns meses máis tarde (o 20 de abril de 2022) de que xa non se utilice nos espazos interiores.