Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Doce centros de ensino de Lugo e As Pontes contarán con novas aulas de capacitación dixital

Por 25 Xuño, 2023Sin comentarios

A Xunta de Galicia vén de habilitar aulas nos centros de educación para persoas adultas co obxectivo de facilitar a capacitación dixital. O Portal Educativo vén de publicar a resolución pola que 55 centros que imparten estas ensinanzas incorporan estas novas funcións, co obxectivo de formar en competencias dixitais básicas a 2.815 persoas en Galicia durante o ano 2023.

Na provincia de Lugo son once centros ademais do IES Plurilingüe das Pontes. Na Mariña son o IES Monte Castelo de Burela, de Foz, o Dionisio Gamallo de Ribadeo e o María Sarmiento de Viveiro. Na zona centro son os EPAPU Albeiros de Lugo, Monterroso e Bonxe de Outeiro de Rei, ademais o IES Lois Peña Novo de Vilalba. No sur están o IES Lamas das Quendas de Chantada, o IES Río Cabe de Monforte e o IES Gregorio Fernández de Sarria.

Esta actuación permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática.

As actividades irán dirixidas, preferentemente, ás persoas maiores de 55 anos cun nivel baixo de cualificación neste eido, atendendo especialmente a fenda de xénero á poboación vulnerable e ás zonas rurais.

Con esta medida, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pretende impulsar as actuacións que levan a cabo os centros que imparten educación de persoas adultas, ao tempo que se cumpre o establecido na Estratexia Edudixital 2030, que ten como eixo segundo a mellora das competencias dixitais da cidadanía no ámbito das súas competencias.