Skip to main content
Chantada

O Pazo de Sabadelle acolle a exposición ‘Mater Haereses. Prisciliano da Gallaecia’ ata finais de setembro

Por 15 Xuño, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

A exposición ‘Mater Haereses. Prisciliano da Gallaecia’ organizada polo Pazo de Sabadelle, en Chantada, foi inagurada este pasado sábado, acto no que participou o pintor Correa Corredoira, quen asegurou que “Sabadelle é o centro cultural de Galicia”.

Este evento multidisciplinar, impulsado por Xosé Figueroa Lorenzana, estivo marcado pola asistencia de numeroso público, que puido desfrutar dunha performance artística, de poesía, contos, fotografía, pintura, música, gastronomía e viño da Ribeira Sacra e de Friol.

As persoas interesadas en ver esta exposición no Pazo de Sabadelle, poderán facelo ata o vindeiro 30 de setembro.