Skip to main content
ChantadaQuiroga

Chantada e Quiroga acollerán o espectáculo dos Bolechas deportistas viaxan no tempo

Por 23 Xuño, 2023Sin comentarios

O espectáculo dos ‘Bolechas deportistas viaxan no tempo’, que vai desenvolver a editorial Bolanda no marco da programación de verán do FalaRedes 2023, o programa de dinamización lingüística da Xunta, foi presentado por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.

Así, Os Bolechas visitarán 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística co obxectivo defomentar o uso da lingua galega no deporte e os hábitos de vida saudables entre a rapazada.

No acto, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades recalcou a importancia “dun ámbito como o do deporte, asociado a valores positivos e que ocupa moitas horas de actividade dos nosos rapaces e rapazas, para a dinamización da lingua galega”.

A través dun teatro de monicreques e outras actividades complementarias ao pé da rúa, os Bolechas viaxarán por toda a xeografía galega coas súas aventuras, que os levarán a construír unha máquina coa que practicar os deportes do pasado, presente e futuro.

Lugares polos que viaxarán Os Bolechas

A xira pasará estes meses por Chantada, na praza de España, o 24 de xuño; por Barreiros, praza do Concello, o 7 de xullo; e por Quiroga, na praza da rúa Lago, o 21 de xullo; entre outros lugares da xeografía galega que se pode consultar na axenda de Cultura da Xunta.

Esta é a segunda edición da serie ‘Os Bolechas deportistas’, coa que os coñecidos personaxes de Pepe Carreiro dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas e promoven o uso da lingua galega durante a súa práctica.