Skip to main content
Folgoso do Courel

A Orquestra Nuevo Milenio actuará nas festas de Seoane do Courel

Por 24 Xuño, 2023Sin comentarios

Seoane do Courel celebra as súas festas na honra de San Xoán Bautista e San Antonio de Padua durante o día de hoxe, que comezará co pasarrúas durante toda a mañá, amenizado pola Charanga Bicoia.

Ás 13.00 horas terá lugar a misa na igrexa parroquial e haberá unha xuntanza no campo da feira para desfrutar os veciños dunha comida conxunta.

Xa pola noite, ás 22.00 horas, a Orquestra Nuevo Mileno actuará a partir das 22.00 horas para dar lugar á verbena da que poderán desfrutar todos os asistentes.