Skip to main content
Folgoso do Courel

O souto de Miraz acolle este venres o concerto de Abe Rábade e Davide Salvado no marco do CourelSon

Por 26 Xuño, 2023Sin comentarios

Abe Rábade presentará o seu traballo ‘Botánica’ este venres, 30 de xuño, a partir das 20.30 horas no souto de Miraz no marco do CourelSon 2023 organizado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel.

Acompañado do músico e cantante Davide Salvado, levarán a cabo un concerto no que, Abe Rábade, un dos pianistas e compositores galegos máis senlleiros, con máis dunha ducia de gravacións ás súas costas, mostrará a súa inspiración musical, baseada nas paisaxes tradicionais da nosa terra, nas que o artista se somerxe por completo. Así, ‘Botánica’ é un canto á paisaxe viva herdada dos nosos antepasados.

Outras actividades

Ademais do concerto, xusto antes da actuación, as persoas que asistan desfrutarán dunha charla sobre os soutos da man de Pedro Álvarez Álvarez, profesor e investigador da Universidade de Oviedo, unha das persoas que máis sabe destes hábitats no Estado.

Pola súa parte, o sábado día 1 de xullo seguen as actividades cunha visita á Fundación Uxío Novoneyra e ao souto de Parada, guiados por Orlando Álvarez.

Ademais, haberá máis concertos ao longo do verán para recuperar a música nas airas dos pobos e as aldeas: o 23 de xullo en Paderne, o 24 de xullo en Vieiros, o 4 de agosto en Mercurín e o 5 de agosto en Seceda.