Skip to main content
Monforte

O Concello de Monforte destina 25.000 euros en axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Por 5 Xuño, 2023Sin comentarios

O goberno local de Monforte anunciou que trala publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo das bases e a convocatoria das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o curso 2023/2024 do Concello de Monforte de Lemos, todos os interesados en solicitalas, están en disposición de poder facelo.

Para o financiamento destas subvencións, dende o Concello destínase un crédito máximo de 25.000 euros despois de aumentar 5.000 euros máis o pasado ano 2022 para este concepto co obxectivo de apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presenten dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto desta axuda, destaca o alcalde, José tomé.

Deste xeito, xa se poden solicitar estas axudas, para o cal os e as interesadas terán de prazo ata o luns 26 de xuño e a solicitude formalizarase a través do correspondente formulario normalizado, que terá que ir acompañado da documentación complementaria que requiren as bases.

Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2023/2024 en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

Para máis información, pódese consultar a páxina do Concello de Monforte.