Skip to main content
Monforte

Os xogadores de prebenxamín do CP Calasancio gañaron a Copa Deputación Ourense

Por 20 Xuño, 2023Sin comentarios

O equipo prebenxamín do CP Calasancio de Monforte conseguiu a Copa Deputación Ourense despois  de vencer cun 5 a 2 ao equipo Bosco na final xogada no campo Soutopenedo.

Durante os cuartos, o equipo monfortino gañou ao Calasancio B cun 6 a 0, mentres que na seminfinal empatou contra o Pabellón Ourense. Estes éxitos levaron ao equipo á final, que comezou forte cun 4-0 e terminou cun 5-2.

Nestre encontro da Copa Deputación Ourense, participaron oito equipos: o Calasancio, o Calasancio B, o Pabellón Ourense, o Arenteiro, A Purísima, o Pabellón ED, o Xinzo e o Bosco.