Skip to main content
Pantón

A conferencia sobre a historia de Santa María de Ferreira e a XI Sinfonía no mosteiro pecharán as Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Por 29 Xuño, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

Este venres, 30 de xuño, terá lugar a conferencia ‘Apuntamentos para a historia da parroquia de Santa María de Ferreira’ da man da historiadora Flora Enríquez e do filólogo e investigador Xosé Antón Palacio no marco das Xornadas da Rota do Románico de Pantón que comezaron o pasado 27 de xuño.

Esta actividade, que terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira será a penúltima das organizadas polo Concello de Pantón para conmemorar a XXXIV edición destas xornadas culturais.

Así, a última iniciativa será a XI edición da Sinfonía no mosteiro, un concerto de Fisión Atlántica Esemble, con Luis Soto e Pablo Carpinteiro, que terá lugar no mosteiro cisterciense de Ferreira.