Skip to main content
A Pobra do Brollón

O Campionato Galego de Trial celébrase este fin de semana na Pobra do Brollón

Por 10 Xuño, 2023Xuño 12th, 2023Sin comentarios

O Concello da Pobra do Brollón acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Trial A Pobra do Brollón e a Copa Galega Trial Infantil. Estes dous eventos, organizados pola Federación Gallega de Motociclismo, terán lugar o 10 e 11 de xuño.

O Campionato Galego de Trial terá lugar no Campo de Fútbol Os Medios, desde o que se sairá ás 10.00 horas, mentres que a Copa Galega Trial Infantil comezará no mesmo lugar ás 16.00 horas.

O trial é unha modalide do motociclismo deportivo que consiste en competir percorrendo na moto unha distancia sobre terreo con obstáculos preparados para ter que superalos. Dise que é a disciplina máis técnica, pero ao mesmo tempo una das menos coñecidas na que o que importa é a fusión entre o piloto e a súa máquina.