Skip to main content
A Pobra do Brollón

Catuxa Salom inaugurará o ciclo Novas Músicas Galegas no marco das actividades da Pobra do Brollón desta fin de semana

Por 30 Xuño, 2023Xullo 1st, 2023Sin comentarios

O Concello da Pobra do Brollón organiza diversas actividades para reivindicar no municipio o Día do Orgullo LGTBI+ no marco das xornadas Terras Diversas e en colaboración con Sete Outeiros.

Así, hoxe ás 20.30 horas proxectarase a película Alex e Munchie ‘Contra o cisheteropatriarcado’, que contará coa presentación a cargo das súas directoras Xàcia Ceive e Carmen PG Granxeiro. Tras a proxección, ás 22.00h haberá un obradoiro de baile tradicional impartido por Ruth Pérez, seguido de foliada.

Pola súa parte, o sábado, 1 de xullo, Catuxa Salom inaugurará o ciclo Novas Músicas Galegas ás 23.00 horas e na praza da Condesa a través da súa potente fusión de música galega e ritmos tribais latinoamericanos.

A última iniciativa desta fin de semana na Pobra do Brollón será a proxección da película de animación Valentina, dirixida por Chelo Loureiro, este domingo ás 19.00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, que dará continuidade ao Ciclo Mestre Mateo.