Skip to main content
Quiroga

O PSOE e o BNG de Quiroga apoiarán a José Luis Rivera, de Independentes Por Quiroga, como novo alcalde

Por 16 Xuño, 2023Xuño 17th, 2023Sin comentarios

O Partido Socialista e o BNG de Quiroga decidiron apoiar ao candidato do novo partido de Quiroga, Independentes Por Quiroga, José Luis Rivera, para que sexa o novo alcalde do municipio das Terras do Courel.

Así, estas tres forzas políticas chegaron a un acordo no que as tres terán forza na vindeira corporación municipal e votarán no pleno de investidura deste sábado a José Luis Rivera como alcalde, despois de marchar do Partido Popular de Quiroga “por discrepancias co goberno de Julio Álvarez” e fundar un partido independente.

Nas eleccións municipais do 28 de maio, a forza política máis votada foi o Partido Popular, encabezado por José Manuel Pol, que conseguiu cinco escanos, pero non os suficientes para gobernar con maioría absoluta, que está estipulada en seis. Pola súa parte, Independentes por Quiroga acadaron tres escanos, o PSOE, dous, e o BN, un.

Desta maneira, co gallo de que os tres partidos con menor representación non querían volver a un goberno popular, decidiron unir as súas forzas e motivacións para darlle ao pobo “un novo goberno forte” co que poder axudar aos veciños e evitar situacións como as que viviu a parroquia de Parteme.